Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ferrovial substituirá 940 luminarias convencionais por LED en Bertamiráns

Ames. A xunta de goberno amesá aprobou a adxudicación do contrato de renovación da iluminación pública do núcleo urbano de Bertamiráns, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Dita actuación foi adxudicada á empresa Ferrovial Construcciones S.A. por 437.511 € (IVE incluído) para substituír 940 luminarias por outras LED.

Ademais desta actuación, levarase a cabo a reforma dun cadro de mando e a instalación de seis novos, sempre para reducir o consumo enerxético do municipio, buscando a eficiencia na xestión enerxética das infraestruturas e equipamentos públicos.

A decisión chegaba, segundo o tripartito, cando ao analizar a situación actual da iluminación pública do núcleo de Bertamiráns, “obtense que esta é ineficiente e o seu estado non é o correcto, debido, fundamentalmente, a factores de cegamento altos, elevada contaminación luminosa de alta intensidade, defectos nas conexións a terras e réximes de iluminación moi altos en varias zonas”, sinalan.

Unha boa parte dos elementos que compoñen as instalacións existentes son antigos e ineficientes. Os resultados esperados que se pretenden alcanzar ca operación son a mellora da eficiencia enerxética, a redución da contaminación lumínica, a redución do consumo de enerxía final en infraestruturas públicas, a implantación de solucións integradas en eficiencia enerxética e a redución anual de gases efecto invernadoiro (GEI). M. Outeiro

03 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.