Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Fin de prazo hoxe para reubicar o mercado dos sábados en Bertamiráns

No Concello amesán admiten que o inverno e a atracción de xente dificultan a sede actual

Ames. O prazo para que os vendedores ambulantes da feira de Bertamiráns fagan propostas ao respecto da reubicación do mercado de rúa rematará hoxe mércores, segundo o Concello de Ames. Hai que lembrar que, por mor da normativa de loita contra a pandemia, o foro de Bertamiráns trasladouse temporalmente á rúa do Sar, emprazamento que, admite a administración local, “non é axeitado ás inclemencias metereolóxicas do inverno”.

A decisión de facer esta consulta tomouse despois da reunión que o alcalde José Miñones, a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz e o técnico do departamento, Jorge Couñago, mantiveron o día 14 cos profesionais da venta ambulante.

As suxestións poden presentarse a través do email promocioneconomica@concellodeames.gal ou en calquera dos rexistros municipais. Unha vez que se reciban e se avalíen todas as propostas, escollerase por votación á que máis conveña.

A decisión deste cambio respondía, segundo as mesmas fontes, á necesidade de cumprimento dunha serie de normas hixiénico sanitarias derivadas da loita contra a pandemia e tomouse coas asociacións de comerciantes e de ambulantes máis representativas e co obxectivo de que puidesen estar no mercado o cen por cen dos postos. Sen embargo, a medida trouxo queixas tanto dos propios ambulantes como do comercio local, que aproveitaba a afluencia de compradores.

Agora, coa chegada do inverno, o comercio ambulante precisa para o desenvolvemento óptimo da súa actividade localizacións que o protexan das inclemencias do tempo e a rúa do Sar non cumpre os requisitos de gorecer o mercado do vento e a chuvia que caracterizan esta estación. Ademais, o mercado ambulante funciona como eixo de atracción da cidadanía para o consumo de bens e servizos, polo que a súa reactivación “convértese en cuestión prioritaria”, apuntan dende o Concello de Ames.

Segundo a edil de Promoción Económica, Ana Belén Paz, “é necesario que o eixo económico da localidade volte a confluír arredor da casa consistorial. A influencia do mercado nas rúas lindeiras para a reactivación económica da vila é incuestionable”, aportaba a munícipe nun comunicado. c.g.

21 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.