Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Fin de semana movido para o GES de Brión, cun lume e dous accidentes

Tivo que intervir en dous saídas de vía en Amañecida e Millaoiro, e nun piso da localidade amiense

    Fin de semana movida para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión, que ao longo da madrugada do domingo tivo que saír a dous accidentes de tráfico por sendas saídas de vía dos respectivos vehículos, sen que houbese que lamentar danos persoais. En ambos os dous casos participaron tres técnicos do GES brionés a bordo da Bomba Lixeira Urbana (BUL) e o vehículo de intervención rápida (VIR).

    O primeiro sinistro tivo lugar no lugar da Amañecida (Brión) e tratouse dunha saída de vía na que o vehículo chocou cun poste que, ao caer, cortou momentaneamente a estrada. Só houbo que lamentar danos materiais. Horas despois tivo lugar unha segunda saída de vía, nesta ocasión na avenida Rosalía de Castro do Milladoiro (Ames) na que o vehículo implicado volcou ao colidir con outro vehículo que estaba estacionado. Ambos coches, e un terceiro tamén estacionado que foi afectado de forma indirecta, sufriron danos materiais mentres que o ocupante do vehículo que colidiu foi trasladado ao hospital aparentemente ileso.

    Finalmente, ás 14.30 horas do o domingo o GES de Brión recibiu a alerta do 112 dun lume nun segundo piso no Milladoiro (Ames), ata onde se desprazaron tres técnicos co BUL e a

    Autoescada Automática. Unha intervención na que tamén participaron efectivos dos Bombeiros de Boiro, Policía Local de Ames, Garda Civil do Milladoiro e unha ambulancia. Ao chegaren ao lugar dos feitos, os técnicos do GES brionés observaron que saía bastante fume pola fiestra da vivenda. Unha vez dentro, atoparon a campana extractora ardendo, posiblemente por unha tixola ao lume. Con todo o edificio desaloxado por prevención, procedeuse a extinguir o lume e a ventilar a vivenda,

    30 may 2021 / 19:44
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.