Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Finalizan os labores nas beirarrúas do polígono de Sergude

As obras supuxeron un investimento de máis de 86.000 euros // O proxecto incluíu tamén a instalación de tres illas para a recollida selectiva

O Concello de Boqueixón vén de finalizar os traballos de renovación das beirarrúas interiores no polígono de Sergude. Esta actuación supuxo un investimento dun total de 86.699 euros, que foron cofinanciados nun 80% pola Vicepresidencia Segunda da Xunta e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, mentres que o 20% achegouno a Administración local.

“As novas beirarrúas no parque empresarial de Sergude aportan unha mellora competitiva na oferta de solo empresarial, como un elemento dinamizador da economía e do emprego no Concello de Boqueixón”, indica o rexedor, Manuel Fernández Munín. O alcalde tamén salientou que este proxecto se completou coa instalación de tres illas para recollida selectiva, coas súas correspondentes estruturas de peche, “o que mellora tamén os servizos no parque empresarial”.

As obras consistiron na construción de 3.105,72 metros cadrados de beirarrúas en pavimento de formigón con mallazo sobre unha capa de 5 centímetros de zahorra para a súa regularización. Habilitáronse os correspondentes vados peonís executados con pavimento diferenciado de baldosa hidráulica. Todo delimitado mediante 1.051 metros de bordo prefabricado de formigón.

AUTÓNOMOS Por certo que o Concello informa que van destinar un total de 77.009 euros a axudas para persoas autónomas e microempresas radicadas no municipio. Estas subvencións inclúense dentro do Plan PEL Reactiva 2020, cofinanciado pola Deputación da Coruña. O principal obxectivo deste programa é impulsar a actividade económica e o emprego no municipio de Boqueixón.

05 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.