Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Fixan en setenta e cinco os postos de emprego municipais en Padrón

Críticas do BNG a unha relación que considera “ineficiente” porque prestará “mal servizo”

Padrón. O Concello de Padrón aprobou, no pleno do xoves e definitivamente, a Relación de Postos de Traballo (RTP), tras aceptar varias das alegacións dos diferentes grupos de traballadores, colectivas e individuais. Ao longo do proceso o goberno convocou mesas de negociación cos sindicatos para acadar un documento final no que se recollesen as diferentes impresións dos traballadores, se ben non todas foron aceptadas. En total a nova RTP recolle setenta e cinco postos de funcionarios e de persoal laboral.

O documento asenta empregos xa consolidados e contempla outros novos, non deseñados na estrutura como, por exemplo, o de Técnico en Novas Tecnoloxías. Desde o BNG, a concelleira Beatriz Rei mostou o se rexeitamento a esta RTP que considera vai ser “ineficiente e prestará peor servizo ao cidadán”.

Na sesión plenaria tamén se ratificou o decreto polo que se aproba o convenio de colaboración para a renovación do compromiso de integración na rede de bibliotecas de Galicia da biblioteca municipal de Padrón. Pertencer a esta rede da Consellería de Cultura “implica recibir o apoio desta organización e a dotación de recursos para mellorar os servizos e as coleccións que se ofrecerán aos usuarios e usuarias deste espazo municipal”, indican ao respecto dende o Concello padronés.

Asemade, este servizo xestiona a plataforma do libro electrónico e ofrece numerosas accións formativas para os profesionais da Rede de Bibliotecas Públicas, ao igual que promoven campañas para fomentar a lectura.

Tamén a Corporación deu luz verde á adhesión do convenio entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia e a Fegamp para articular a encomenda de xestión á Xunta para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos referentes ao incumprimento da normativa da COVID. s. e.

28 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.