Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Fórmanse en Quián unha vintena de gandeiros

BOQUEIXÓN. O Pazo de Quián acolleu onte a inauguración da segunda sesión do curso Gandeiros 20-30 no marco da Estratexia de dinamización do sector lácteo galego. O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, foi o encargado de presidir a xornada. Trátase dunha iniciativa formativa especializada en competencias empresariais dirixida aos profesionais do sector. Tralo éxito da primeira edición, a acción organizada pola Agacal, formará a 20 novos alumnos nun proceso de transformación e mellora dende o punto de vista empresarial. De feito, nesta nova convocatoria todas as prazas foron cubertas e ata se conta cunha lista de agarda doutras 20 persoas máis. Os participantes terán a oportunidade de recibir unha formación integral en materia empresarial a través de seis módulos impartidos de forma presencial ao longo de seis semanas. A partir de hoxe impártese a terceira sesión no centro Pedro Murias, de Ribadeo. C.E.

04 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.