Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Furor polo motor: esgótanse as prazas para pilotar karts con Trouleando

A Maía. Dende a concellería de Mocidade dan fe do furor veciñal polo motor, e informan de que están esgotadas todas as prazas da actividade de karting incluída no programa Trouleando, no kartódromo de Valga, o día 26. Inclúe servizo de autobús dende O Milladoiro e Bertamiráns.

O circuíto, con 35.000 metros cadrados de extensión e un trazado de 850 metros, conta cunha flota de trinta karts cos que gozar dunha das disciplinas por excelencia do automobilismo. O karting é a modalidade na que a meirande parte de pilotos de competición comeza a súa formación, debido á súa adaptación a diferentes idades e tamaños, á súa sinxeleza e unha maior accesibilidade a nivel económico.

Antes de comezar coa actividade, facilitaranse ás persoas participantes as normas de seguridade do circuíto, consellos de vestimenta e calzado, así como instrucións para cronometrarse.

PERFÍS. Ademais, organizaranse as quendas de participación na pista en función dos diferentes perfís da mocidade, para os que se terá en conta a idade, a experiencia, a corpulencia ou a estatura para que empreguen karts infantís ou de adultos (teñen unha frota de trinta vehículos Sodikart con motores de catro tempos e 270 cc).

Para calquera dúbida, os anotados poden contactar coa Oficina Municipal de Información Xuvenil, a OMIX de Ames, a través do correo electrónico (omix@concellodeames.gal). M. Outeiro

18 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.