Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

Galardoados os mellores escaparates amesáns

Ames. Tralo ditame do xurado amesán, xa se coñecen os gañadores do XVII concurso de escaparates de Nadal e do I concurso de decoración de Nadal veciñal. Nesta ocasión, foron catro persoas as que decidiron os gañadores, en representación da Oficina municipal de Voluntariado, da Aula da Natureza, de Protección Civil e da Unión de Consumidores de Galicia.

No certame de escaparates, o primeiro premio, dotado con 1.500 euros, foi para Farmalar (57 puntos). Na segunda posición, galardoada con 1.100 euros, quedou o Centro de Estudos Lexis (54 puntos). O terceiro posto, dotado con 800 euros, levouno a Peluquería Cristina Bravo (53 puntos). E, para rematar, o cuarto posto foi para Núa (50 puntos). Xa no caso do certame de decoración veciñal –onde outorgaron catro premios de 500 euros cada un–, a primeira clasificada foi Ánxela Jorge Meijide, seguida de Juan Manuel Carballo García, Tania Díaz Fernández e María José Bello Vidal. M. Manteiga

10 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.