Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Gran Parada e Sés animan a festa en Bertamiráns

Ames. Bertamiráns colleu este martes a remuda do Milladoiro e comezou as súas Festas da Peregrina, que se estenderán ata este domingo 14. A programación do Ames en Festas, na que colaboran o Concello de Ames, as comisións de festas e XEA, inclúe este xoves as actuación da orquesta Gran Parada en verbena, pero tamén da Banda da Loba e, xa o venres, de SÉS.

Así, e despois da gala de Factoría de Subsistencia do mércores con Josito Porto, este xoves será o turno, ás 20.30 horas na praza da Maía, para A Banda da Loba. Ambas formacións representan á escena galega co seu propio estilo, xa sexa dende o rock ou dende a mestura de folk con outros xéneros, como o pop, o blues ou os sons tradicionais.

Do mesmo xeito están programadas verbenas, e a de este xoves vai a cargo da orquestra Gran Parada no campo da festa da Peregrina, ás 23.00 horas. Para a cativada disporanse inchables ás 16.30 horas no Parque do Ameneiral

Xa o venres 12 ás 22.00 horas, o parque do Ameneiral acollerá a actuación de SÉS ás 22.00 horas, un dos concertos de maior importancia do programa Ames Cultural da concellaría de Cultura. A cantante é unha das voces de referencia da música galega, con sete traballos discográficos publicados e múltiples xiras por vilas e cidades galegas, España ou Latinoamérica.

E os que desexen botar unhas bailas, o campo da festa da Peregrina acolle á orquestra Metrópolis e a disco móbil A Tempo DJ Ianis, venres a partir das 23.00 h. M. Manteiga.

11 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.