Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Homenaxe a Pose Mesura polo apoio á humanización do Milladoiro e Viorneira

A Maía. O Concello de Ames colabora coa asociación de pequenos comerciantes Viorneira Palmira Bulevar no acto que se vai celebrar este sábado a mediodía no local desta patronal, situado no Milladoiro, para renderlle homenaxe ao exdelegado do Goberno, José Manuel Pose Mesura. Dita homenaxe realízase pola vinculación que tivo esta autoridade coa humanización do Milladoiro e concretamente coa apertura da rúa Viorneira que permitiu conectar dita travesía coa avenida de Rosalía de Castro e coa améndoa da zona vella do Milladoiro. Farase unha presentación para dar paso a que as autoridades presentes e familiares de Pose asinen no libro de honra da asociación que preside José Manuel Fernández. Tamén se colocará unha placa en recordo do homenaxeado no monolito que hai nesta rúa, ao que seguirán os discursos e un aperitivo. M.M.

28 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.