Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Homenaxe e busto na Baña na honra de Pose Antelo

A Baña. O Concello da Baña organiza unha homenaxe a José Manuel Pose Antelo, un dos primeiros bañeses que chegou ao doutoramento e a converterse en profesor titular da Universidade (en Historia contemporánea). Será este xoves, a partir das 19.00 horas na casa da cultura.

Alí, diversos compañeiros de profesión participarán nun coloquio para lembrar a memoria de José Manuel Pose Antelo, que finou en 1999 aos 56 anos. E tamén vaise inaugurar un busto cedido ao Concello pola familia.

Pose foi, igualmente, fundador e primeiro presidente da Asociación cultural Eiroa. Quenes o lembran din que, lonxe do elitismo, sempre manifestou un compromiso social coa súa terra e o resto dos bañeses, veciños que lle gardan un moi bo recordo. O acto será de libre entrada ata completar aforo.

CASTREXA. E sen saír da Baña, avanza o programa da I Festa Castrexa que promoven Concello e patronal o 21 de maio na citania local. Haberá premios de ata 200 euros ao clan mellor caracterizado (mínimo 2 persoas); outro tanto para o máis diverso (oito cando menos) e unha cea para o máis numeroso (mínimo 9 persoas). ECG

04 may 2022 / 16:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.