Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ideas para o plurilingüísmo dende o galego coa RAG

A Maía. A Real Academia Galega presentará Ideas para un plurilingüismo dende o galego no Concello de Ames este luns ás 20.00 horas, nun acto no auditorio da casa da cultura do Milladoiro. A guía responde á demanda de formación do profesorado sobre o tema que aborda, ofrece aclaracións conceptuais e propón estratexias de cara á planificación nos centros educativos.

A publicación, elaborada dende o Seminario de Sociolingüística da RAG coa colaboración de Bieito Silva e María López Sández, dálle continuidade á liña de traballo da Real Academia Galega e do Concello que propiciou o mapa sociolingüístico escolar local e sae do prelo co apoio económico do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022 da Xunta. Na presentación intervirán o presidente da Real Academia Galega, o secretario xeral de Política Lingüística,o coordinador do Seminario de Sociolingüística da RAG, o alcalde e a edil de Normalización Lingüística. M.M.

05 jun 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.