Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Identificado no Pazo da Peregrina un grafiteiro

Ames. A Policía Local de Ames identificou no Pazo da Peregrina a unha persoa que estaba a pintar nas instalacións exteriores do inmoble. O autor dos feitos exponse a unha sanción que vai dos 100 aos 600 euros. Ademais, fíxose o propio cun menor que estaba en posesión de sustancias estupefacientes (haxix e marihuana), polo que incautáronse das sustancias e formulouse a correspondente denuncia.

Hai que lembrar que nos últimos meses detectáronse pintadas en diversos edificios municipais como o Pazo da Peregrina, CEIP Agro do Muíño, edificio do comedor do CEP de Ventín, anexo da casa da cultura de Bertamiráns e no mobiliario público (marquesiñas, caixas de instalacións eléctricas, etc.). Debido a iso, os axentes incrementaron o traballo de vixilancia para evitar este tipo de condutas incívicas. E froito delo, identificaron o 16 de febreiro a unha persoa que estaba pintando cun rotulador na porta, ventás e bancos do citado pazo. O.D. Vilar

22 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.