Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Iluminan de azul a casa do concello no Día do Autismo

A Maía. O Concello de Ames súmase ás conmemoracións polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se celebra o 2 de abril, e tinguirá a fachada da súa casa consistorial de azul dende o serán deste venres 1 ata o domingo 3. Estímase que en Europa unha de cada cen persoas ten TEA, ou trastorno do espectro autista, que afecta fundamentalmente á comunicación, á interacción social e tamén á flexibilidade do comportamento e mesmo do pensamento.

Cada ano miles de edificios en todo o mundo ilumínanse de azul como mostra de apoio e solidariedade coas persoas con TEA. No 2021, foron máis de 400 monumentos no Estado español, mentres que en Galicia rexistráronse uns cincuenta, entre os que se atoparon a Torre de Hércules, o CGAC, As Burgas ou a Cidade da Cultura. Neste 2022, o obxectivo é chegar a 450 edificios a nivel nacional.

Neste senso, O Concello de Ames, a través da concellaría de Benestar Social, colabora coa asociación Autismo Galicia e participa un ano máis na campaña mundial #LIUB (“Light It Up Blue”), promovida por Autism Speaks e asociacións.

Non hai que esquencer que, no ano 2007, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou a xornada do 2 de abril como o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, amplo grupo de trastornos que teñen orixe neurobiolóxica. M. M.

02 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.