Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Iluminan o concello de cor verde polo Día do Cancro

A Maía. A casa do concello de Ames continuará este venres iluminada de cor verde, igual que o xoves, co fin de conmemorar o Día Mundial contra o Cancro, nun acto promovido pola Unión Internacional contra o Cancro (UICC), baixo o lema Por uns coidados máis xustos.

Nesta edición, porase o foco no acceso igualitario aos tratamentos contra o cancro e na necesidade dunha sanidade universal. Hai que lembrar que cada ano morren de cancro 10 millóns de persoas, o que converte a esta enfermidade na segunda causa de morte no mundo.

Estímase que ao menos unha terza parte dos cancros comúns poderían evitarse reducindo factores de risco como o consumo de alcol e tabaco, a obesidade, a carencia de actividade física, os riscos laborais, a exposición á radiación ou as infeccións. A edil amesá de Promoción da Saúde, Luisa Feijóo, recordou que buscan sensibilizar, informar e fomentar hábitos saudables entre a veciñanza. M.M.

04 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.