Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Impulsarán o uso do galego na actividade empresarial da vila de Ames

O Concello desenvolve o Premio Lingua e Empresa, que este ano aumenta as contías

Ames. O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística e do departamento de Promoción Económica, pon en marcha por terceiro ano consecutivo o Premio Lingua e Empresa, co obxectivo de recoñecer o uso e fomento da lingua galega na actividade empresarial. Optarán a este galardón todas as empresas, con sede social ou centro de actividade no concello de Ames, que sexan propostas ata o 16 de novembro por calquera persoa ou entidade, ou pola propia empresa que queira participar, sinala o goberno local.

Este ano como novidade increméntanse as contías do galardón. Deste xeito, o premio Lingua e Empresa terá unha dotación económica de 3.000 euros; 1.500 euros en cada unha das categorías, ademais dunha campaña de difusión das gañadoras da radio municipal, Ames Radio. Se o xurado o considera, os premios pódense outorgar ex aequo.

Ademais, nesta terceira edición amplíanse as categorías dos premios creando unha nova categoría para empresas que se crearon nos dous últimos anos e fan uso do galego ou que o incorporan dentro dese mesmo período. Asemade mantense a categoría de uso consolidado da lingua para empresas que veñen realizando un uso estable e continuado da lingua desde hai máis de dous anos. A resolución do premio farase pública o 30 na web.

As empresas poderán presentar directamente a súa candidatura ou ser propostas por calquera persoa ou entidade, lembran. A.P.

06 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.