Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Incerteza ante a actuación de Toysal na explotación mineira Casalonga

Os motivos que alega para iniciar o procedemento expropiatorio dun camiño –de titularidade pública– non teñen xustificación, segundo indican dende o Concello

Teo. Nos últimos días, o alcalde, Rafael Sisto e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, mantiveron unha xuntanza coa Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación, responsable da política mineira. A reunión co Xefe Territorial, Isidoro Martínez, tiña por obxecto estudar o expediente de expropiación do camiño público que cruza a canteira da Casalonga ademais de falar doutros aspectos relacionados coa xestión de Toysal neste tema.

En relación ao tema do camiño que Toysal lle pide á Xunta que expropie a un terceiro e que ten de prazo para alegacións ata o 23 de decembro “constatamos que no expediente non hai ningún documento presentado por Toysal que faga dubidar da titularidade pública deste ben”, indicou Uxía Lemus. Así mesmo dende o Goberno galego explican que se o asunto remata no Xulgado, mentras non se resolva a situación non se executará a expropiación. A concelleira detallou tamén que os motivos que alega Toysal para iniciar o procedemento expropiatorio non están xustificados.

Na xuntanza tamén se falou do plan de restauración en vigor para explotación mineira Casalonga 6996 que segundo a Xunta é o do antigo concesionario, Carballal. Segundo explicaron para a súa actualización non é preciso sometelo a incidencia ambiental. “Aínda que non se comparte esta decisión, ten a vantaxe de garantir que na canteira non pode entrar nin un gramo de residuo do exterior”, comentou o alcalde. Á vista da situación Toysal pode traballar legalmente na explotación mineira, como fixo durante anos Carballal, “pero non poderá meter camións externos con material de fóra” destacou o rexedor que advirte que “o Concello seguirá a ser riguroso e belixerante para evitar que a restauración se faga con materiais externos”.

O Concello vai solicitar a consulta do plan de restauración en vigor, esperando que a Xunta o facilite de xeito dilixente.

09 dic 2020 / 15:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.