Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Informan en Santa Comba da paralización de eólicos

Xallas. Adega e maila Plataforma non eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural convocan á sociedade galega, en xeral, e á veciñanza afectada por estes parques eólicos, en particular, a un acto informativo que terá lugar este xoves, 20 de outubro, ás 20.30 horas no Edificio Multiusos de Santa Comba.

O obxectivo será ofrecer información sobre os potenciais impactos sociais e ambientais destes tres proxectos de Greenalia nos concellos de Coristanco, Santa Comba, Carballo e Tordoia, e dar conta da actual situación xurídico-legal pola que arestora atravesan, logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia decretase recentemente a paralización cautelar do de Campelo e Bustelo, á petición das entidades ecoloxistas recorrentes, Adega e PDCC. Neste acto, tamén se dará o pistoletazo de saída da campaña de crowfunding Ti podes paralos! que promove a entidade ecoloxista para acadar, a través da recadación colectiva e solidaria, os 20.000 euros de caución que impón o Tribunal Superior de Xustiza para facer efectiva a paralización. O.D. Vilar

19 oct 2022 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.