Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Infraestruturas solicítalle ó Estado axuda coas melloras en viais e que aporte para o de Xallas-Dubra dez millóns

Xallas. A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, presentou ante o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana no mes de xaneiro dez conxuntos de proxectos cos que a Xunta agarda investir 400 millóns de euros de fondos europeos do plan de recuperación da economía no fomento da mobilidade sostible e a modernización do transporte. E entre eles, figura a continuación da estrada de Santa Comba a Dubra, para a que pediu o apoio de Concello e empresarios.

Así, neste conxunto de actuacións destacan os dirixidos á mellora da mobilidade da poboación do rural e, máis especificamente, os proxectos que a Xunta ten presentado para o acondicionamento das estradas no rural, co obxectivo último de evitar o despoboamento mellorando a competitividade e acceso aos servizos básicos destas zonas, un conxunto de actuacións que suman un investimento de 91 millóns de euros.

Precisamente, unha das actuacións que Infraestrutura priorizou na solicitude destes fondos europeos do plan de recuperación é o acondicionamento da estrada autonómica AC-406, entre Portomouro e Santa Comba.

O financiamento que a Xunta pediu ao Ministerio para executar esta actuación cos fondos europeos do plan de recuperación ascende a dez millóns de euros, co obxectivo de “darlle continuidade a unha primeira fase de acondicionamento desta estrada xa rematada en febreiro do pasado ano –foron dous quilómetros que costaron 4,3 millóns, incluíndo a variante de Salgueiroas–, mellorando o trazado ca rectificación de curvas e o acondicionamento do firme ao longo de máis de 10 quilómetros da estrada, que beneficiaría aos concellos de Dubra, A Baña e Santa Comba”, din na Xunta.

SEGURIDADE. Esa actuación ten por finalidade mellorar a seguridade viaria da vía e reforzar a competitividade da comarca, ao proporcionar unha mellor conexión con Santiago, mellorada tamén coa Variante de Aradas, posta en servizo en 2019.

“Se a Xunta pode dispoñer finalmente dos fondos do plan de recuperación para a mellora desta estrada, avanzará na redacción dos proxectos de trazado e construtivos, para a súa execución por fases, avaliando os treitos que é preciso priorizar”, aportan sobre unha vía que rexistra unha intensidade media de 4.000 vehículos día. m. outeiro

13 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.