Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ioga e aquagym dende as piscinas descubertas

Ames. As piscinas ao aire libre amesás van celebrar ao longo do mes de xullo unha serie de actividades de dinamización deportiva para as persoas usuarias destas instalacións. As propostas consistirán en varias sesións de balde de aquagym e de ioga, que se desenvolverán tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro. Dende este luns 27 de xuño, están abertas as inscricións a través da plataforma Cronos, para as clases de ioga –de martes a venres, segundo a localización– ás 10.00 horas, e alongaranse durante 60 minutos, mentres as sesións de aquagym (martes e mércores ás 16.00 horas, con 45 minutos de duración), non requiren de inscrición previa. Será a concellaría de Deportes a encargada de organizar estas citas ca vida sa co fin de que a veciñanza amesá poida continuar coa práctica deportiva de xeito gratuíto durante o verán en todas as piscinas das urbes, tanto no horario de mañá como no da tarde, para chegar a todos. M. M.

27 jun 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.