Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

José Ángel Blanco Purriños foi reelixido presidente da cooperativa CLUN

Ames. Os socios da cooperativa CLUN, con sede na parroquia amiense de Agrón, reuníronse este mércores en asemblea extraordinaria en Melide para elixir o Consello Reitor da cooperativa durante os próximos catro anos. A candidatura encabezada por José Ángel Blanco Purriños obtivo o 85 % dos votos.

Esta lista foi a única que se presentou e está formada por José Ángel Blanco Purriños (presidente), Carmen Rodríguez Rodríguez (vicepresidenta) e Pablo Costoya Varela (secretario) e conta como vogais con Jesús Antonio París Carballo, José Manuel Couto Rego, Jesús María Pena Becerra, Faustino Díaz López, Javier Teixeiro Álvarez e Faustino López Río.

A candidatura reflicte a idiosincrasia da cooperativa, xa que está integrada por representantes de explotacións de menor e maior tamaño provintes das distintas zonas territoriais onde traballa CLUN, que está presente en máis de 80 concellos galegos.

Ademais, responde a un criterio de equilibrio respecto á orixe da representación, debido a que na lista hai integrantes que proceden de Feiraco, Melisanto e Os Irmandiños, que son as cooperativas orixinarias que conformaron CLUN fai cinco anos.

Todos os membros do novo Consello Reitor xa formaban parte do órgano de goberno con anterioridade. No seu nome e no propio, José Ángel Blanco Purriños agradeceu a confianza das socias e socios de CLUN pola reelección e sinalou que esta confianza “non é polo feito estes anos, senón polo moito que aínda temos que facer”. Blanco Purriños é presidente de CLUN desde que esta empresa social se formou en 2017 tras a suma das cooperativas Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto. Unha unión que supón “estar máis equipados que hai cinco anos para facer fronte ás dificultades e nunha situación de vantaxe por ter os deberes feitos”, dixo. M.B.

30 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.