Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Libro e placa para Pousa, novo fillo predilecto bañés

A Baña. A Corporación da Baña aprobou, o día do seu aniversario e por unanimidade, nomear fillo predilecto a Avelino Pousa Antelo, un veciño nado hai 108 anos que, segundo as súas propias palabras, dedicou toda a súa vida “a desenvolver a conciencia galeguista e a traballar por unha terra máis libre, máis culta e máis dona do seu destino”.

Considerado un dos intelectuais máis activos na Galicia do s XX, é o segundo fillo predilecto que se nomea despois de que en 1998 tamén lle concedese esta distinción a García Barros.

Antes do xantar de confraternidade, e despois do pleno, celebrouse cas súas fillas Nora e Xela Pousa outro acto diante da casa da cultura, descubríndose unha placa na honra de Avelino Pousa, na que se lembra o seu nomeamento como fillo predilecto da Baña e resaltándose as múltiples facetas deste galeguista. E pra rematar, presentou o libro As paroladas de Avelino Pousa Antelo na Radio Galega. M. Manteiga

17 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.