Licitan a central de lavado e centralizarán as cociñas
![O edil de Educación, segundo esquerda, e a de Cultura, terceira, na antiga nave. Foto: CDA O edil de Educación, segundo esquerda, e a de Cultura, terceira, na antiga nave. Foto: CDA](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x600/1c94/900d506/none/102922340/JQLQ/imagen-visita-nave-de-obras1x_422-5557068_20220603165311.jpg)
Ames. A xunta de goberno deu luz verde ao proxecto técnico e mailo expediente de contratación para as obras de adecuación da antiga nave de obras para a implantación dunha central de lavado e locais anexos auxiliares para os comedores escolares municipais. O orzamento base de licitación ascende a 149.764,77 euros, e pódense achegar propostas até o 20 de xuño.
Segundo a concellería de Educación, centralizaranse nese espazo as dúas cociñas do CEIP Agro do Muíño e EEI do Milladoiro no 2023 en dúas partes. Primeiro construirase a área de lavado que disporá dunha superficie de 196 metros cadrados, incluíndo outra zona de entrada de sucio e subministracións, un almacén para carros, un local de limpeza e lixo, e un local para máquinas. E na segunda fase construirase a área da cociña central que terá unha superficie total de 888 m2 con vestiario, área de cociña xeral e outra cociña específica para intolerancias. M. Manteiga