Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Licitan os proxectos para minimizar as inundacións en Valga e Padrón

Saen a concurso por máis de 305.000 € e impulsan actuacións para reducir o risco

Valga/Padrón . A Consellería de Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, licitou por máis de 305.000 euros a redacción dos proxectos construtivos para impulsar cinco novas actuacións para reducir o risco de asolagamento na área fluvial dos ríos Ulla e Sar, ao seu paso polos concellos de Padrón e Valga.

Todas son intervencións deseñadas desde Augas de Galicia e enmarcadas no plan de xestión específico para esta área fluvial, declarada de risco potencial significativo de inundación.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recollía este venres a licitación de catro actuacións a desenvolver no municipio coruñés de Padrón, á que se suma outro contrato para intervir no concello pontevedrés de Valga.

Dos cinco lotes licitados, catro corresponden a Padrón, que se veñen sumar ao contrato xa adxudicado por Augas de Galicia nesta área fluvial, para a redacción do proxecto construtivo de protección da marxe dereita do río Ulla de cara a minimizar o risco de asolagamento ao seu paso polo concello.

Os contratos obxecto desta nova licitación no municipio coruñés centraranse na redacción dos proxectos construtivos para dotar de canal de protección contra inundacións ao rego Avelenda ao seu paso por Iria Flavia; na mellora do espazo fluvial e de drenaxe do rego deste rego; na mellora do espazo fluvial e de drenaxe do río Sar no cruce coa estrada AC-301; e na mellora do espazo fluvial e de drenaxe do rego Tarrío no cruce co ferrocarril.

Doutra banda, no marco da actuación que impulsa a Xunta para minimizar os riscos de asolagamento en Valga, Augas licitou o contrato para definir as actuacións de mellora do espazo fluvial do río Valga, entre a liña de ferrocarril e a rúa Devesa. O contrato desenvólvese no marco do convenio de colaboración cuxa sinatura foi autorizada polo Consello da Xunta e que suporá un investimento de 1,25 millóns de euros. arca

17 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.