Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Esta ferramenta, dispoñible para Android e iOS de forma gratuíta, emprégase como vía de comunicación directa co Concello para solucionar calquera avaría TEXTO Brais Fdez.

Línea Verde Smart City, unha aplicación para os veciños de Dodro

Co obxectivo de estar ao tanto das incidencias que pasan en todas as parroquias do seu concello, así como para coñecer as inquedanzas dos seus veciños e veciñas, Dodro acaba de implantar un novo servizo de comunicación a través dunha App móbil. Línea Verde Smart City é unha ferramenta intelixente, coa que se potencian tamén as novas tecnoloxías no rural, que serve como servizo comunicativo entre particulares e concelleiros.

Esta iniciativa, que nace coa pretensión de contar cunha liña de comunicación directa coa veciñanza, busca ademais a posibilidade de aportar unhas solucións rápidas a calquera desperfecto, incidencia ou avaría. Así, sen necesidade de acudir persoalmente á casa consistorial ou ter que chamar ao teléfono fixo municipal, o goberno local pode coñecer de primeira man e en tempo real todo o que está a suceder no municipio, dándolle, precisamente, voz aos seus habitantes e actuando en consonancia coas súas pretensións.

Esta aplicación, dispoñible tanto para os smartphones Android como para os iOS, nas súas respectivas plataformas de descargas (Google Play e App Store, respectivamente), é totalmente gratuíta e tan só se precisa seleccionar o municipio no que se pretende comunicar a incidencia, neste caso, o de Dodro, para poder empregala. Unha vez seleccionado o procedemento, cada vez que se pretenda indicar ou comentar calquera situación ou problema, resulta moi sinxelo, rápido e intuitivo para todas as persoas, xa que se pretende que poida ser de utilidade para todas as idades.

Deste xeito, os dodrenses poden beneficiarse a partir de agora de todas as vantaxes que ofrece Línea Verde, unha aplicación deseñada para servir de canle directa de comunicación dos problemas que poidan xurdir no equipamento urbano diariamente.

Esta App xa está sendo empregada por moitos outros concellos de todo o panorama nacional, un éxito que levou ao goberno local de Dodro a optar por esta vía de comunicación para responder ao intereses dos seus veciños, así como para seguir co seu obxectivo de potenciar as novas tecnoloxías entre a poboación da localidade.

Polo tanto, grazas a esta ferramenta de participación cidadá, o Concello pretende coñecer as necesidades locais e así poder actuar con celeridade sobre as cuestións comentadas. Do mesmo xeito, esta funcionará como medio que permite enviar tamén as comunicacións informativas.

Precisamente, respecto desta última función, e na mesma liña que se busca de evolucionar no apartado tecnolóxico, este instrumento comunicativo súmase ao número de WhatsApp 630 744 148, no que, tras darse de alta con nome e apelidos, os cidadáns reciben información sobre as actividades ou eventos que se celebren, nas seguintes datas, no seu termo municipal.

01 feb 2021 / 19:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.