Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lixeira suba de usuarios a un punto limpo con toneladas de electrónica

Ames. O centro de depósito de residuos do Punto Limpo de Ames rexistrou 474 entradas en abril de 2022. Durante o pasado mes destaca a achega de 2.244 quilogramos de equipos eléctricos e electrónicos, 220 quilogramos de pneumáticos fóra de uso e máis trinta quilogramos de baterías de chumbo.

Este servizo, inaugurado en xaneiro de 2007, está na rúa das Hedras, no polígono do Milladoiro, e abre de luns a venres de 10.00 a 14.10 horas e de 16.00 a 18.00 horas. Os sábados o horario é de 9.00 a 14.10 horas e de 16.00 a 20.00 horas. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ó 981 53 66 88.

O número de veciños que fan uso do punto limpo para depositar alí os seus residuos segue incrementando, xa que cada vez son máis conscientes da importancia que ten facer un uso correcto dos refugallos que non se poden depositar nos colectores convencionais. Deste xeito, durante o pasado mes de abril realizáronse unhas 474 entradas no servizo, practicamente as mesmas que no mes anterior, cando se rexistraran 472. Concretamente, a veciñanza amesá depositou 2.244 quilogramos de equipos eléctricos e electrónicos, 150 quilogramos (dous metros cúbicos) de envases baleiros contaminados ou 220 quilogramos de pneumáticos usados. M.M.

08 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.