Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Loita para evitar o peche dunha aula na unitaria de Sabaxáns, en Brión

BRIÓN. A Escola Unitaria de Sabaxáns, en Brión, está condeada a pechar unha das dúas aulas que ten funcionando para o próximo curso escolar. Así o vén de comunicar a este xornal a ANPA do centro, que lamenta esta situación que, din, obrigará a estar nunha mesma aula aos 18 alumnos, que van dende os 3 aos 6 anos. “Enviamos un escrito á Dirección Xeral de Centros, á Xefatura Territorial e ao Concello para evitar perder unha das aulas”.“Contamos co apoio do goberno local e de todas as forzas políticas da Corporación”, aseguran. Apoio ao que se suman os veciños e outras ANPAs da comarca. Critican asemade que vaian reducir as horas de Educación Especial “posto que hai dous nenos que a precisan, e incluso as queríamos ampliar” e lembran que engloban o alumnado da Escola de Luaña, que pechou hai un ano. C.E.

30 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.