Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Loli Gómez vai presentar Cinema Miúdo con curtas, obradoiros e maxia

A Maía. O festival de cine infantil Cinema Miúdo de Ames xa ten axenda de actividades, que darán comezo o vindeiro venres, 10 de decembro, ás 17.00 horas na casa da cultura de Bertamiráns. E será a xornalista Loli Gómez a encargada de presentar o evento. Ademais, tanto nas sesións de inauguración como de clausura haberá maxia a cargo de Carlos Tomico.

A primeira sesión será da sección de Axóuxeres (para nenos a partir de dous anos), e, ao redor das 18.00 horas, será a quenda para o apartado Buxainas (rapaces de máis de 7 anos). O sábado 11 segue o Festival de Cinema Miúdo coa casa da cultura de Bertamiráns como epicentro das actividades. Así, ás 12.00 horas comeza a sección Axóuxeres, e sobre as 12.45 horas, a sección Buxainas. Pola tarde, ás 17.00 horas, volverá ser a quenda desta segunda iniciativa e, ás 17.45 horas, proxectarase unha selección de curtas da produtora OQO. Rematará a xornada ás 18.45 horas coa proxección da longametraxe A galiña Turuleca.

O domingo 12 chegarán as últimas proxeccións deste festival, trasladándose á casa da cultura do Milladoiro. Comezarán ás 12.00 horas coa sección Axóuxeres e, ás 12.45 horas, será a quenda da Festa dos videoclips galegos.

Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, o protagonista será o festival convidado Olloboi, cunha selección das súas curtas, antes de dar paso ao acto de clausura e á entrega de premios, que comezará ás 18.00 horas, novamente con Loly Gómez e co ilusionista Carlos Tomico, membro da compañía Maxia na Manga.

PARALELAS. Entre as actividades paralelas figuran, o sábado 11 na casa da cultura de Bertamiráns, o taller de maquillaxe de efectos especiais, para cativos de entre 7 e 12 anos. Igualmente, o 11 de decembro neste mesmo auditorio impartirase un taller de Stop motion para nenos de 5 a 7 anos. Alongarase entre as 11.00 e as 12.30 horas.

E tamén nesta xornada haberá unha exposición de pezas do artista de efectos especiais de maquillaxe Alberto Hortas, de 4 Ojos Estudio, na casa da cultura de Bertamiráns. Xa o domingo 12 terá lugar un segundo obradoiro de Stop motion na casa da cultura do Milladoiro, previsto de 11.00 a 12.30 horas. m.M.

08 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.