Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Luísa Feijóo, nova voceira do grupo municipal socialista de Ames

O PSdeG-PSOE de Ames reorganizou as súas áreas despois de que o pasado xoves, Blas García fose nomeado novo alcalde, relevando a José Miñones no cargo. E o pasado luns acordou elixir a Luísa Feijóo como voceira do grupo socialista nesta nova étapa.

Na mesma xuntanza, o alcalde anunciou a pequena remodelación de áreas de goberno, tendo en conta que os únicos movementos que se producen, e que xa se confirmaron a outros medios anteriormente, son a asignación da concellería de Urbanismo, a Victor Fernández que ademáis seguirá a xestionar a concellería de Administración xeral, Persoal e Seguridade e tamén a asignación de competencias ao novo concelleiro socialista, Santiago Márquez Noya, que será quen dirixa a concellería do Rural e Participación Cidadá.

13 abr 2021 / 15:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.