Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Luz verde á ordenanza das terrazas e prórroga de seis meses para a limpeza

A Maía. O pleno amesán aprobará definitivamente, hoxe ás 20.30 horas, a ordenanza reguladora de terrazas, logo de que o pasado 14 de maio o tripartito asinara con representantes da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e da Asociación de Hostalería de Compostela o texto definitivo do acordo.

E, do mesmo xeito, tamén abordará a modificación do proxecto de reparación e melloras na casa da cultura de Bertamiráns, a modificación da denominación das comisións informativas permanentes, o acondicionamento e mellora térmica da cuberta e fachadas da Escola Infantil Municipal O Bosque, en Bertamiráns; a prórroga do contrato para a concesión da xestión da limpeza viaria e do Punto Limpo durante seis meses; a aprobación, se procede, do Plan Especial de Infraestruturas e dotacións na Travesía da Moa no Milladoiro, e unha nova modificación da relación de postos de traballo.

Ademais, debaterase unha proposta do grupo municipal socialista para promover unha nova redacción do Plan Forestal de Galicia e outra do BNG en defensa dun modelo de enerxía eólica sustentable. Abordarase tamén a solicitude de comparecencia que presenta o PP para que o alcalde informe do Impulsa Ames. m.m.

27 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.