Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Luz verde no pleno boqueixanés á creación dun centro de día con Vedra

Tamén se contempla iniciar a planificación entre ambos para crear unha mini residencia

Boqueixón. A sesión plenaria celebrada no Concello de Boqueixón deu luz verde á creación dun centro de día que ofreza servizo á veciñanza do municipio, e de Vedra. Na moción prevese o inicio do proceso de estudo da viabilidade económica , social e xurídica, e establécese un prazo de 3 anos para completalo, aos que pode engadirse un máis. Por outra banda, tamén se acordou no pleno levar a cabo unha serie de accións mentres non se materializa o proxecto. “Buscarase o xeito de ofrecer a prestación do servizo de asistencia cun centro de día, así como o transporte especializado necesario, sempre que, e en todo caso, as traballadoras dos servizos sociais comunitarios así o determinen a través da elaboración do Plan Individual de Atención (PAI)”, sinalan dende o goberno boqueixanés.

Finalmente, a moción contempla o inicio dun estudo e planificación da construción dunha mini residencia tamén compartida entre ambos concellos, “realizando unha aposta política conxunta de todos os partidos políticos presentes na actual lexislatura en ambos municipios, comprometéndose á construción dedita infraestrutura antes da finalización da seguinte lexislatura, no 2027, explican. A.P.

13 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.