Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Luz verde no pleno boqueixanés
ás contas xerais de hai dous anos

O Concello destacou o remanente positivo de tesourería e as cero débedas bancarias

Boqueixón. As contas do 2019 consolidaron o punto central da orde do día do pleno ordinario boqueixanés deste primeiro mes do ano. A Corporación municipal aprobou na sesión plenaria as contas xerais correspondentes ao exercicio do 2019. Contou para iso cos votos a favor do grupo de Goberno e cos votos en contra do grupo da oposición, Veciños de Boqueixón.

Fontes municipais aseguran que a pesar de que todos os partidos “recoñeceron que os resultados económicos dese ano eran positivos”, dende a oposición fixeron puntualizacións referentes aos ingresos das actividades culturais ou a amortización do inmobilizado.

Se ben, a pesar das críticas que surxiron durante o pleno, o grupo popular destacou das contas do 2019 o remanente positivo de tesourería do Concello, o reducido período de pago a provedores e o feito de que non presenten débedas con ningunha entidade bancaria. Tras presentar ante a comisión de contas o balance de 2019, o Executivo local expuxo na sesión este documento antes de envialo á plataforma que o validará.

Por certo que o Concello informa dunha oferta de emprego como peón agrícola en Casa Couto Ferreiro. C.G

23 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.