Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Máis de 420.000 € para arranxar un treito da estrada AC-543 e cederllo a Brión

Trátase do percorrido entre O Tremo, na saída de Bertamiráns, e a urbanización Monte Balado

O Consello da Xunta autorizou a colaboración co Concello de Brión para o acondicionamento dun treito da estrada AC-543. Esta intervención suporá un investimento de máis de 605.000 euros, que será financiado nun 70 % pola Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, cunha achega que rolda os 424.000 euros, e que completará o Concello ata acadar o 30 % restante.

O obxectivo do convenio de colaboración, cuxas obras executará o Concello, é acondicionar a estrada AC-543, desde o punto quilométrico 8+390 ao 9+870, entre O Tremo e Monte Balado. Tamén é obxecto deste acordo o cambio de titularidade a prol do Concello de Brión do tramo desta vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 8+390 e 10+000.

As actuacións que se prevén realizar neste treito viario son a ampliación e a renovación das beirarrúas e o fresado e reposición da capa de rodaxe nos dous carrís, beiravías e bandas de estacionamento, con mestura bituminosa en quente. Tamén se levará a cabo a renovación da sinalización horizontal, a reposición das liñas

existentes e o pintado de paso de peóns, símbolos e frechas, ademais de restituírse os servizos afectados (dende o alumeado ata saneamentos).

15 dic 2022 / 16:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.