Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mazaricos incrementa a aportación no Reactiva

XALLAS. O executivo local de Mazaricos aprobou un Plan de Emprego Local Reactiva, que contará con 51.306 euros como achega do organismo provincial e inicialmente 12.826 máis dos que se encargará este concello xalleiro. E en vista da boa acollida da iniciativa, e para evitar a posibilidade de que empresas que cumprisen cos requisitos para ser beneficiadas destas axudas puidesen quedar excluídas das mesmas por falta de crédito, o executivo local decidiu finalmente incrementar a súa achega en 8.866,29 euros, ata un total de 21.693,04. Hai que lembrar que o PEL foi aprobado, xa que logo, de forma provisional na xunta de goberno que presidiu a tenente de alcalde Beatriz Alvite, quen valorou como “un esforzo importante” por parte de Mazaricos esta achega a maiores. O obxectivo, sinalou, é axudar a compensar “a actual crise provocada pola COVID” con axudas por un valor de 73.000 € para unha economía local moi tocada polo virus. m.m.

07 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.