Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Medio Ambiente analiza colaborar con Val do Dubra nun proxecto urbanístico

VAL DO DUBRA. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda analizará a posibilidade de colaborar co Concello de Val do Dubra na execución dalgún proxecto urbanístico e de mellora de equipamentos que contribúa a mellorar a calidade de vida da veciñanza. Así o acordaron a conselleira Ángeles Vázquez e o rexedor José Manuel Varela durante unha reunión por videoconferencia na que abordaron este e outros asuntos de interese municipal. O rexedor explicou que traballan nun proxecto que podería encaixar nos obxectivos do Plan Hurbe, un programa a través do cal a Xunta leva máis dunha década colaborando coas entidades locais na execución dun total de 317 intervencións urbanísticas. O alcalde tamén lle trasladou á conselleira o interese en crear unha Área de Rehabilitación Integral. A.P.

07 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.