Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 23 mayo 2024
20:39
h

Melloran a comunicación a pé cunha nova senda das Mimosas a Biduído

Ames. A capital da Maía contará cunha nova senda na DP-0206 ao seu paso polo núcleo de Biduído, nun espazo onde hoxe en día non existe unha zona para o tráfico peonil e que valerá para comunicar ca urbanización As Mimosas.

Terá dous metros de ancho, e orzamentouse en 119.970 euros dentro do Plan de Sendas da Deputación provincial a través do que se pretende mellorar a seguridade, tanto peonil como de tráfico.

A obra xurdiu en primeira instancia da aprobación dunha moción presentada e aprobada nun pleno da Corporación durante o mandato pasado. O atraso na súa execución veu dado pola ocupación duns terreos privados (1.692 m2) que, de non chegar a acordo cos propietarios, será necesario expropiar. Até o momento xa se levaron a cabo conversas previas para resolver este asunto.

“Esta é unha actuación importante e necesaria para esa zona, e en especial para a contorna da igrexa de Biduído, xa que reordena ese entorno, e mellora a seguridade peonil nun lugar moi transitado”, declara o alcalde, Blas García, quen lembra tamén que: “Fai tempo que levamos traballando neste proxecto o cal por fin foi aprobado polo pleno da Deputación, e esperamos que durante o vindeiro ano se licite e comecen as obras”. As actuacións proxectadas terán unha lonxitude de 328 metros, e o pavimento estará composto por 20 cm de saburra e 15 de formigón desactivado para deixar o árido descuberto e incluirá espazo para poder aparcar. M. Outeiro

23 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.