Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mellorarán aparcamento e zonas de lecer no polígono

A Maía. A xunta de goberno amesán aprobou o expediente de contratación para a licitación das obras de acondicionamento que van mellorar espazos verdes con acceso rodado no parque empresarial Novo Milladoiro, cun orzamento base de licitación de 150.000 €.

Así, e sufragado con cargo á primeira fase do POS+ Adicional 2/2021, tamén vanse incrementar o número de prazas de estacionamento e ao mesmo tempo vaise reordenar o espazo, pero mantendo parte da zona verde. Ademais, vaise dotar de iluminación interior a ditas zonaa, así como acondicionar as franxas axardinadas e tamén sendas peonís.

As parcelas onde se vai a realizar dita actuación atópanse na contorna das rúas Castiñeiras, Hedras, Oliveiras e Palmeiras. Unha delas ten un superficie total de 5.638 metros cadrados dos cales 704 son superficie con acceso rodado e 637 camiños peonís. Os 4.297 metros cadrados restantes son superficie axardinada. A segunda parcela consta dunha superficie total de 3.153 metros cadrados dos cales 750 son de tránsito peonil e/ou equipamentos interiores en forma de explanada na que se coloca unha carpa para comidas. O resto da parcela (2.403 metros cadrados) está ocupada por xardín.

O obxectivo do proxecto é aumentar a capacidade de aparcamento eventual, pero tamén crear novos accesos e manter os existentes. M.M.

10 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.