Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mellorarán os interiores da aldea de Instrumento

A Maía. O tripartito amesán adxudicou en xunta de goberno as obras de asfaltado dos interiores do núcleo do Instrumento, situado entre as parroquias de Ortoño e Bugallido, así como da parte norte de Lapido. O proxecto, incluído no Plan Ames Progresa 2021-2023, foi para Excavaciones Pose SL por 192.995 €, e inclúe tamén a reforma da vía de acceso ao Instrumento dende Lapido.

Desta forma, actuarase de dous xeitos dependendo do treito. No caso dos interiores do Instrumento e da parte norte de Lapido, dous tramos de 320 metros e 190 metros, respectivamente, demolerase o firme actual e proxectarase un novo pavimento de formigón, con franxas lonxitudinais nas marxes e cortes transversais en lastra de pedra de granito. Baixo o pavimento disporase canalización de PVC con sumidoiros para a correcta drenaxe da nova plataforma prevista.

Para o resto da vía, uns 680 metros que inclúen o espazo entre ambos núcleos e a entrada dende a estrada de Lapido, incrementarase cada marxe lateral en 50 centímetros, repararanse as fochancas e disporase a mesma capa de rodaxe.

Ademais, no treito intermedio entre Lapido e O Instrumento executaranse 3 treitos con cunetas de seguridade, de 60 metros, nas zonas interiores das curvas. As actuacións completaranse coa correspondente sinalización, e un novo stop. m. M.

30 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.