Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Migallas trae a Brincadeira da Lingua o 11 ata a maior urbe

A Maía. O Apego de Ames programa para a próxima semana a actividade Brincadeiras da lingua de Migallas Teatro, un espectáculo de carácter participativo que contará con música en directo, contos e monicreques para achegarlle a literatura popular infantil galega á cativada e favorecer unha crianza en positivo e creativa. Será o venres 11 na casa da cultura do Milladoiro a partir das 18.00 horas.

A actividades está dirixida a familias con fillos de 0 a 6 anos. As inscricións, de balde, poderán realizarse dende hoxe ata o 10 de marzo, enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, o teléfono de contacto e a idade dos nenos.

Brincadeiras da lingua é un espectáculo que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos a través da serie de vídeos realizada por Migallas Teatro e que leva este mesmo nome Brincadeiras da lingua. M. Manteiga

07 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.