Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

Mil cen festeiros recibiron o 2023 coas prebadaladas

A Maía. O Concello de Ames volveu celebrar as súas prebadaladas o día 31... pero dende as 11 da mañá e ata as 13.30, hora á que rematou a cita. E foron 1.100 as persoas que pasaron pola praza do concello para gozar das actividades que se levaron a cabo para celebrar a chegada do 2023. Así, un gran reloxo situado na fachada do consistorio local foi o encargado de marcar as prebadaladas que deron inicio a unha festa chea de música, diversión e alegría. No acceso á praza entregábanse bolsas con produtos locais a cada asistente, o que dá a cifra final, e os primeiros 500 adultos en entrar á mesma recibiron unha bolsa con cotillón, chicharróns, arandos e un vale para trocar por cervexa. Xa dentro, os festeiros puideron percorrer os distintos postos instalados na praza, como os de algodón de azucre, de flocos de millo e un stand de globoflexia. Ademais, as comisións de festas de Bertamiráns e Milladoiro instalaron unha barra para as súas celebracións. M. Outeiro

02 ene 2023 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.