Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mostra e saída para identificar plantas grazas á Aula da Natureza amesá

A Maía. A Aula da Natureza proseguirá este días coas súas propostas relacionadas co entorno e o medio ambiente, despois de que nas últimas semanas organizase unha viaxe de fin de semana aos Ancares e unha xornada de actividades para a rapazada co gallo da Festa dos Maios. Esta fin de semana será a quenda das plantas cotiás ou medicinais.

Entre as plantas medicinais máis coñecidas figuran a ortiga, o áloe vera ou o mexacán, e ademais habitualmente empréganse moitas delas na cociña, como o allo, o perexil, a menta, o romeu, o ourego ou a alfábega, entre outras. E malia seren especies comúns, é posible que moitos urbanitas descoñezan as súas propiedades, ou mesmo como recoñecelas.

Este é, precisamente, o obxecto destas iniciativas, que arrincarán este venres 13 de maio no andar baixo da casa da cultura de Bertamiráns cunha exposición que mostrará diversos tipos destas especies en detalle. A proposta irá acompañada de proxeccións de vídeos e ata tres visitas guiadas ao longo da xornada. Pola mañá, o alumnado dos centros escolares de Ames gozará da exposición e de varias charlas relacionadas co tema. E pola tarde, haberá dúas visitas guiadas para o público (17.30 e 19.00 h.).

Pola súa banda, na mañá do sábado 14 de maio a Aula da Natureza organiza unha ruta botánica guiada polos arredores da Ameixenda. Haberá bus polas urbes, e para anotarse hai que enviar a ficha da web a auladanatureza@concellodeames.gal. M.O.

11 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.