Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Música e narrativa para seguir vindicando o Día da Muller con ‘Asdomare’

Ames. Asdomare, unha proposta de narración oral e música, será a segunda das catro obras da programación de artes escénicas para o público miúdo desta primeira metade de 2022. E chegará este xoves 17 de marzo, ás 18.00 horas, ata o auditorio da casa da cultura de Bertamiráns. Orientada á rapazada dos 6 aos 10 anos, serve como homenaxe ás mulleres do mar.

As entradas xa están dispoñibles a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames, e a obra forma parte da programación municipal (listado na web local) do 8M .

Asdomare é un espectáculo creado en pleno confinamento, e que serve de continuación da obra da mesma compañía O pozo das señoras. Se daquela as protagonistas eran as lavandeiras, nesta ocasión son as mulleres do mar, cunha proposta que serve para homenaxear e tecer memoria a través da narrativa oral e da música popular.

Rilo & Penadique é unha compañía formada no 2017 por Vero Rilo e Sonsoles Penadique. Nos seus espectáculos, maioritariamente dirixidos a bebés, rapazada e público familiar, conxugan o mundo da música e da palabra co mundo da infancia, abrindo a porta á reflexión sobre temas como a igualdade, o xénero, as relacións interpersoais ou a economía.

O programa completo de cultura de Ames do primeiro semestre de 2022, elaborado pola concellaría de Cultura coa Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), pode consultarse ao completo na web municipal. M. Outeiro

15 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.