Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Negreira volve a alugar o inmoble da área de Covas

Negreira. O inmoble da área recreativa de Covas, na entrada á vila de Negreira, pódese alugar de novo dende esta semana, retomando a súa actividade despois de 2 anos trala pandemia. E o trámite pódese facer tanto presencialmente no rexistro municipal como a través da sede electrónica (a 20 € día).

Dende a administración local lembran que as avarías, danos ou perdas que se xeren no material ou a instalación como consecuencia da desaxeitada ou neglixente utilización darán lugar á responsabilidade por parte do autor ou autores, que lles será esixida conforme ao procedemento legal e regularmente establecido. Todo iso sen prexuízo da sanción administrativa que proceda.

Do mesmo xeito, a reserva será efectiva dende o seu pagamento, cun horario de entrada a partir das 12.00 horas do día en que se solicita ata as 08.00 horas da mañá do día seguinte. En caso de incumprimento, poñerase en coñecemento da Policía Local. O.D. Vilar

20 abr 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.