Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novo Encontro Literario con Pita e Labraña en Bertamiráns

Ames. As bibliotecas amesás organizan polo mes do libro dous Encontros Literarios en Ames con catro autores residentes no Concello. Este mesmo xoves 7, Charo Pita e Carlos Labraña pasaranse ás 20.00 horas polo Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, mentres que o día 21 será a quenda de Mariña Pérez Rei e Rafa Vilar, á mesma hora e na mesma localización habituais. A entrada será libre ata completar aforo.

Os dous primeiros autores convidados a este encontro literario veñen a presentar os seus traballos máis recentes, publicados ao longo de 2021. Charo Pita vén de publicar coa editorial Galaxia Andar aos biosbardos, unha compilación de contos, mentres que Carlos Labraña continuou con Contra o reloxo a súa ampla obra na literatura dramática infantil e xuvenil. Pola súa banda, Carlos Labraña (Cedeira, 1969) é un dramaturgo galego cunha extensa e recoñecida obra no teatro infantil e xuvenil. Arquitecto técnico de profesión, suma no seu palmarés premios como os da Mostra de Teatro Xeración Nós, por O segredo de Daniel e A Escarlata.

Lembrar que neste Mes do Libro, as bibliotecas municipais e catro librarías locais organizan o sorteo de ata 800 € en vales de compra. M.M.

06 abr 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.