Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Certame Literario recibe obras ata o día 24

Ames. O prazo para participar no XIX Certame Literario de Ames está aberto ata o próximo 24 de marzo, día ata o que os creadores e creadoras poden presentar os seus textos inéditos de narrativa e poesía en lingua galega.

O Certame Literario de Ames roza xa as dúas décadas de lonxevidade como unha das iniciativas culturais máis consolidadas no concello. O concurso serviu como plataforma de despegue de numerosos escritores, que recibiron un impulso inicial gañando este concurso, mesmo en repetidas ocasións.

Un ano máis, o obxectivo volve ser a promoción da creación literaria en lingua galega, vista como un xeito de reforzar o proceso de normalización lingüística.

O certame ten dúas modalidades (narrativa e poesía) e cada unha delas componse á vez de tres categorías, de xeito que poden participar persoas de calquera idade. Outórganse tres premios, en metálico, por cada unha das tres franxas de idade en ambas as dúas modalidades e editarase un libro colectivo con todos os textos premiados.

A decisión do xurado anunciarase o vindeiro día dez de maio e os premios entregaranse o trece de maio, nun acto que terá lugar na casa da cultura do Milladoiro. c.a.

14 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.