Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Concello de Ames apoia e aposta polo sector hostaleiro local

Fíxose entrega de 600 mandís co lema “Axúdanos a seguir” e a recomendación: Pon a máscara” // Se algún hostaleiro, por mor dos festivos ou das restricións, tiña pechado estes días e quere recibilos pode facer a petición a través do correo promocioneconomica@concellodeames.gal

Ames. Os camareiros e camareiras dos establecementos comerciais de Ames xa atenden á clientela ataviados cos mandís que a Concellaría de Promoción Económica lles está entregando co obxectivo de concienciar á cidadanía sobre a norma de utilizar a máscara, agás cando se está bebendo ou comendo. Repártense 600 mandís co lema “Axúdanos a seguir” e a recomendación: Pon a máscara”. Tamén se entregan adhesivos para os escaparates co mesmo lema e a mesma sucesión de viñetas nas que unha persoa aparece co tapabocas posto, quítao para consumir e inmediatamente despois volve poñelo. Se algún hostaleiro, por mor dos festivos ou das restricións, tiña pechado estes días e quere recibir os mandís e os adhesivos pode facer a petición a través do correo promocioneconomica@concellodeames.gal.

A iniciativa da Concellaría de Promoción Económica súmase á campaña “Axúdanos a seguir” coa que o sector hostaleiro pretende concienciar á cidadanía da necesidade de consumir gardando sempre as medidas hixiénico sanitarias que dita a loita contra a pandemia da covid-19. Un mandil e un adhesivo de tamaño o suficientemente grande para que se vexa con claridade desde os escaparates, son os soportes da iniciativa.

Os mandís e os adhesivos recollen unha sucesión de viñetas nas que unha persoa aparece coa máscara posta, quítaa para consumir e inmediatamente despois volve poñela. A resposta do sector hostaleiro a esta iniciativa do departamento de promoción económica está sendo moi positiva e as redes ínzanse con ducias de fotos de profesionais con mandil posto. Nalgunhas pódese ver un rótulo sobre impreso que di: Grazas Concello”.

“Despois das últimas restricións o sector hostaleiro está a sufrir un duro golpe no noso concello sobre todo no Milladoiro. Con esta campaña queremos concienciar a xente do importante que é cumprir a normativa sobre as máscaras e como di o lema da campaña AXUDAR A SEGUIR aos Hostaleiros que son veciños e veciñas do noso Concello a salvar os seus negocios”, declara a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz.

CAMPAÑA “TÉMOLO TODO”. A Concellaría de Promoción Económica está repartindo o material desde o venres. A iniciativa encádrase na campaña “Témolo todo” que desde o mes de maio desenvolve o concello de Ames para apoiar á industria e ao comercio local. Ademais forma parte do Plan Reactiva Ames a través do que o concello impulsa os distintos sectores económicos tralo período de confinamento no que moitos establecementos víronse obrigados a pechar ou a pospoñer a súa actividade.

27 oct 2020 / 16:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.