Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Concello de Ames educou aos rapaces e rapazas dos institutos na prevención de condutas aditivas

Ames. Dotar aos alumnos e alumnas, ás súas familias e ao profesorado das ferramentas necesarias para previr o consumo de substancias aditivas, a ludopatía ou un uso inadecuado das TICS foi o obxectivo do programa organizado pola concellería de Benestar Social de Ames. Os obradoiros de prevención de condutas aditivas alcanzaron a 1795 alumnos e alumnas tras participar nas 334 sesións que se realizaron ao longo do curso escolar nos distintos IES e CEIP do concello. Estes tiveron como finalidade proporcionar ao alumnado a adquisición de capacidades e habilidades que lles permitan desenvolver estilos de vida saudables e afrontar de modo axeitado as situacións de risco relacionadas coas adicións. Ademais, ofrecéronse ferramentas para desenvolver capacidades e habilidades persoais que faciliten actitudes de rexeitamento ao consumo de substancias nocivas e prexudiciais para a saúde propia e allea. Ao longo do curso escolar realizáronse un total de 334 sesións de traballo alcanzando a un total de 1795 alumnos de entre 11 e 18 anos. En Educación Secundaria foron 129 xuntanzas relativas a esta temática, esparexadas entre o IES de Ames e o IES do Milladoiro. Ademais, de 42 sesións do Programa de Regulación Emocional entre estudantes de 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato dos mesmos centros. Cabe destacar, tamén, o traballo realizado cos alumnos de FP Básica. A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, defendeu que “temos que centrar todos os nosos esforzos na prevención, dotando de recursos e ferramentas tanto á rapazada como ás propias familias e ao profesorado. Con estas actuacións pretendemos eliminar ou polo menos modificar os factores de risco e fomentar as ferramentas de protección fronte a este tipo de condutas intentando evitar que se produzan ou polo menos atrasar a idade de inicio”. Ademais engadiu que “isto só é posible grazas á continuidade”. p.b

01 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.