O Concello de Melide avisa aos veciños de que a saca de madeira está regulada
![Leña estorbando nas vías públicas de Melide. Foto: C. Melide Leña estorbando nas vías públicas de Melide. Foto: C. Melide](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x674/0c84/900d506/none/102922340/RDIL/326222087-909124963604926-4568005247442186257-n_422-6688521_20230122140444.jpg)
Melide. O Concello de Melide lembra que ten aprobada unha ordenanza que regula a saca de madeira. Dende o goberno local indican que buscan “protexer e conservar os camiños e vías públicas municipais fronte aos danos que poden sufrir como consecuencia das sacas de madeira”. Lémbranlle á veciñanza que “obviar a autorización municipal correspondente, usar vías públicas para o almacenamento ou depósito de madeira, conleva sancións”. “O uso dos camiños e vías públicas municipais en condicións óptimas é un dereito de toda a comunidade de persoas usuarias, e esixe dunha intervención administrativa que regule as condicións nas que se deben realizar as operacións de saca de madeira nos montes e parcelas do concello, tanto públicos como privados”, reza ó respecto a mencionada ordenanza, que foi aprobada o dous de xuño de 2021. C. E.