Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O equipo Xente que fala do IES do Milladoiro gaña a final do Club de Debate

Ames. O equipo Xente que fala, do Instituto do Milladoiro, gañou a final 2022 do Club de Debate celebrada en Pontevedra con 452,5 puntos. E por detrás do conxunto preparado por Tina Formoso quedaron os rapaces do CPI Lorenzo Baleirón de Dodro (430 puntos) e os do Instituto Sánchez Cantón pontevedrés (423). Os seguintes foron Peripatéticos de Negreira; 1,2,3 tamén do Milladoiro, e o IES Punta Candieira, de Cedeira.

Neste ano 2022 colaboran na organización do Club de Debate sete concellos: Ames, Cedeira, Dodro, Negreira, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo. En total, participaron once equipos mixtos, formados por rapazada de 1º de Bacharelato e de 3º e 4º da ESO, de oito centros de ensino distintos. Neste senso, Ames foi o municipio cun maior número de conxuntos participantes, cun total de cinco equipos (tres do IES do Milladoiro e outros dous do IES de Ames).

O tema a debate na final abordou se os espazos educativos favorecen ou non o uso do galego, e os gañadores gozarán dunha viaxe multiaventura e cultural dunha fin de semana. Marcos Manteiga

06 may 2022 / 20:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.