Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O grupo Scouts Chan 292 celebrou a súa acampada ‘Paso de rama’ en Ribasar

rois. O grupo compostelán Scouts Chan 292, que ten a súa sede en Vista Alegre, celebrou esta fin de semana en Ribasar, en Rois, a acampada Paso de rama, na que participaron 60 nenas, nenos, mozos e mozas de 8 a 21 anos, e 15 monitores e monitoras. O concelleiro Manuel Cobas achegouse ata Ribasar o sábado para darlles a benvida e entregarlle a todos os asistentes como agasallo do Concello de Rois unha mochila. O grupo Scout Chan 292 utiliza a acampada como actividade para rematar un curso e iniciar o seguinte. Ademais, durante estas xornadas de convivencia celebran o cambio de grupo de idades das persoas participantes. Laura Morales era a coordinadora do grupo e entre os monitores estaban Valle Marcos e Raúl Lois. Os acampados puideron recibir a visita dos familiares, que aproveitaron para visitar a zona elixida. arca

05 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.